O LUME PAN

O Lume pan é unha tradición ancestral que se celebra a noite do 30 de abril prendendo fogueiras ou fachos de palla. Con eles córrese polas leiras espallando as faíscas para fertilizar os campos e protexelos das enfermidades. Taboada Chivite di que a véspera do 1 de maio, nalgúns lugares de Galicia, os campesiños dan... Leer más →

O xacemento arqueolóxico da Igrexa Vella de Santa Comba de Louro

O xacemento arqueolóxico da Igrexa Vella de Santa Comba de Louro (Valga, Pontevedra) perdurou na memoria dos veciños ata que foi descuberto. Os habitantes coñecían referencias sobre a existencia dun cruceiro, dunha pequena igrexa e dun gran mosteiro que foron destruídos no século XVIII para construír a actual igrexa de Santa Comba de Cordeiro. A... Leer más →

A Candeloria, unha luz no Limbo

Na crenza tradicional galega o Limbo sitúase nun lugar entre este mundo e o outro, nun nivel superior ao Inferno onde o lume non o alcanza. Descríbese como un estado ou habitáculo escuro onde os nenos sen bautizar só ven a luz o día da Candeloria. Así o explica Eladio Rodríguez no seu Dicionario enciclopédico... Leer más →

O tizón de Nadal, un rito de boa fortuna

O tizón ou cepo de Nadal é un dos ritos máis importantes do ano vencellados ao lume. Esta tradición vai ligada a antigas celebracións relacionadas co solsticio de inverno, tempo no que o sol perde forza e cuxa orixe se perde no tempo dos indoeuropeos. O rito do tizón realízase na noite do 24 de... Leer más →

A COMPAÑA NO MAR

A Compaña, a procesión de mortos que buscan o seu lugar no Alén, conta cunha serie de particularidades cando se presentan no ámbito mariñeiro, tal e como coñecen os investigadores Celestino Pardellas de Blas, Fernando Alonso Romero, Ana Liste, Carmelo Lisón Tolosana, Estanislao Fernández de la Cigoña, Staffan Mörling, etc, a quen lle debemos estudos... Leer más →

TRAXEDIA FRONTE AO CRUCEIRO DO CABO

Cando visitei a aldea de Quintáns (Isorna, Rianxo) para ver o Cruceiro do Cabo, atopeime cun señor que me contou unha tráxica historia que ocorrera no medio do río Ulla, xusto fronte a dito cruceiro. O home lembrábase perfectamente do caso aínda que sucedera hai máis dos seus oitenta anos de vida. Aconteceu ás catro... Leer más →

Unha pantasma no monte de Castro Valente?

Dende a antigüidade en distintos puntos de Galicia os xacementos evocaron no imaxinario popular todo un mundo máxico cun extenso legado de mitos e lendas que se repiten. No entanto, existe unha lenda inusitada no Castro Valente, un monte coroado por unha fortificación tardoantiga situado na marxe sur do río Ulla, no límite municipal entre... Leer más →

Fervenzas de Raxoi e muíños de Parafita.

Aproveitando que os días son longos, fixemos a ruta das Fervenzas de Raxoi e muíños de Parafita. Dos muíños destacamos a súa boa conservación e a simboloxía que teñen labrada nas xambas das portas. A ruta da pasarela de madeira, aínda que non é moi longa, destaca pola beleza do seu entorno natural. O lugar... Leer más →

As herbas do San Xoán

Faltan poucas horas para a noite do San Xoán, data que está vencellada a numerosas crenzas e ritos, reminiscencia de antigos cultos que se celebraban coa chegada do solsticio de verán. A auga, o lume e as herbas son os tres símbolos nos que se basean os rituais desta noite e que, segundo a crenza popular,... Leer más →

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar