Nati Rey·Miguel García. As festividades de Nadal compréndense no que se dá a chamar como “duodenario místico”, o período de doce días comprendido entre finais dun ano e comezos do seguinte, coñecido no mundo anglosaxón como os Twlvetide e que hoxe en día podemos situar entre a Noiteboa e a Epifanía. O que moita xente ignora é... Leer más →
Ritos no camposanto
No tempo de Todos os Santos adóitase visitar aos familiares e amigos que descansan nas sepulturas do camposanto. Esta costume é un xeito de lembrar aos nosos achegados e de recordar que nós seguimos vivos. Os cemiterios son espazos sacros onde principalmente se celebra o rito funerario. Digo principalmente porque, ademais deste ritual, no camposanto... Leer más →
A romaría da “Santa Negra” de Bueu
A Santa Ifixenia venérase na capela situada no terreo do Pazo de Santa Cruz, construída no ano 1671 polo licenciado Fernando da Rúa e Freyre, sacerdote de Bueu e Comisario do Santo Oficio da Inquisición. Segundo a lenda, a santa chegou á ermida despois dunha partida ao tresillo entre párrocos. Unha noite, cando un cura... Leer más →
A flor da auga na mañanciña de San Xoán
A flor da auga é un dos misterios máis estraños e máis poéticos da noite de San Xoán. Vicente Risco O San Xoán é unha das festividades máis populares en toda Galicia. Corresponde á cristianización do solsticio de verán (a data exacta sería, daquela, o 21 de xuño). O carácter liminal deste día fai que... Leer más →
A Aldea Maldita de Abuín
Conta a lenda que hai moito tempo os habitantes de Abuín Vello, fartos de sufriren penurias, decidiron ir roubar ao Mosteiro de Armenteira. Un deles era o capitán e faltáballe unha man que lle fora amputada por ser un traidor. El foi o encargado de reunir a aquela cuadrilla de oito malfeitores que un día... Leer más →
O LUME PAN
O Lume pan é unha tradición ancestral que se celebra a noite do 30 de abril prendendo fogueiras ou fachos de palla. Con eles córrese polas leiras espallando as faíscas para fertilizar os campos e protexelos das enfermidades. Taboada Chivite di que a véspera do 1 de maio, nalgúns lugares de Galicia, os campesiños dan... Leer más →
O xacemento arqueolóxico da Igrexa Vella de Santa Comba de Louro
O xacemento arqueolóxico da Igrexa Vella de Santa Comba de Louro (Valga, Pontevedra) perdurou na memoria dos veciños ata que foi descuberto. Os habitantes coñecían referencias sobre a existencia dun cruceiro, dunha pequena igrexa e dun gran mosteiro que foron destruídos no século XVIII para construír a actual igrexa de Santa Comba de Cordeiro. A... Leer más →
A Candeloria, unha luz no Limbo
Na crenza tradicional galega o Limbo sitúase nun lugar entre este mundo e o outro, nun nivel superior ao Inferno onde o lume non o alcanza. Descríbese como un estado ou habitáculo escuro onde os nenos sen bautizar só ven a luz o día da Candeloria. Así o explica Eladio Rodríguez no seu Dicionario enciclopédico... Leer más →
Igrexa de Santa María de Herbón
A igrexa de Santa María de Herbón é un dos poucos exemplares da arte románica do municipio de Padrón. Foi construída na segunda metade do século XII por orde do Bispo Xelmírez e destaca pola súa altura, inda que son varios os elementos que a fan única. Está composta por unha soa nave con contrafortes... Leer más →
A aldea esquecida
Deixo aquí a historia da “A aldea esquecida” que escribiu Castelao e me inspirou para dar nome a este blogue. Artigo de América-Galicia: revista comercial ilustrada Hispano-Americana. Número 47 - 1925 xuño.