Outubro é un mes propicio para falar da morte, aínda que ela non entende de meses favoritos e expande o seu nefasto designio por todo o calendario. Así e todo, quero contarvos unha antiga práctica relacionada coas cerimonias mortuorias que se practicaban en Galicia. Hoxe toca falarvos das pranxideiras. As pranxideiras, tamén coñecidas como choronas... Leer más →
A orixe dos Mariño na noite de San Xoán
Entre os mitos máis curiosos das xenealoxías nobiliarias destaca o relato fundacional da familia dos Mariño, o cal tivo modificacións e versións diferentes ao longo da historia. O relato remóntase ao século XIII, cando un cabaleiro chamado Fruela atopou unha serea á beira do mar. Don Fruela vivía nun marabilloso castelo con todas as comodidades... Leer más →
O penedo do Tangaraño
O Penedo do Tangaraño, tamén coñecido como Penedo Vigón, está no monte de San Bieito de Cova do Lobo en San Lourenzo de Piñor (Ourense). Se pasamos polo oco debaixo da pedra atoparémonos cunha pía de auga curativa para as afeccións da pel e con prestixio para sandar o tangaraño. Esta poza de auga milagreira... Leer más →
A Candeloria, unha luz no Limbo
Na crenza tradicional galega o Limbo sitúase nun lugar entre este mundo e o outro, nun nivel superior ao Inferno onde o lume non o alcanza. Descríbese como un estado ou habitáculo escuro onde os nenos sen bautizar só ven a luz o día da Candeloria. Así o explica Eladio Rodríguez no seu Dicionario enciclopédico... Leer más →
O tizón de Nadal, un rito de boa fortuna
O tizón ou cepo de Nadal é un dos ritos máis importantes do ano vencellados ao lume. Esta tradición vai ligada a antigas celebracións relacionadas co solsticio de inverno, tempo no que o sol perde forza e cuxa orixe se perde no tempo dos indoeuropeos. O rito do tizón realízase na noite do 24 de... Leer más →
A COMPAÑA NO MAR
A Compaña, a procesión de mortos que buscan o seu lugar no Alén, conta cunha serie de particularidades cando se presentan no ámbito mariñeiro, tal e como coñecen os investigadores Celestino Pardellas de Blas, Fernando Alonso Romero, Ana Liste, Carmelo Lisón Tolosana, Estanislao Fernández de la Cigoña, Staffan Mörling, etc, a quen lle debemos estudos... Leer más →
Unha pantasma no monte de Castro Valente?
Dende a antigüidade en distintos puntos de Galicia os xacementos evocaron no imaxinario popular todo un mundo máxico cun extenso legado de mitos e lendas que se repiten. No entanto, existe unha lenda inusitada no Castro Valente, un monte coroado por unha fortificación tardoantiga situado na marxe sur do río Ulla, no límite municipal entre... Leer más →
As herbas do San Xoán
Faltan poucas horas para a noite do San Xoán, data que está vencellada a numerosas crenzas e ritos, reminiscencia de antigos cultos que se celebraban coa chegada do solsticio de verán. A auga, o lume e as herbas son os tres símbolos nos que se basean os rituais desta noite e que, segundo a crenza popular,... Leer más →
O poder da xesta
Nestas datas, cando eu era nena, a señora Amparo dábame unha ramiña do seu manoxo de xestas e dicíame: «Filliña, pona para que non che entre o meighallo». Dende entón, cada 30 de abril guindo unha ramiña de xesta na porta da casa para «que non me entre o maio». Antes do solpor do último... Leer más →
Os lumes de San Telmo
"San Telmo leva n-a mán, á vêla de alomear, ô marino pol-as noites, para poder navegar".Copla popular galega Na cultura grega, os fillos de Zeus, Cástor e Pólux (os Dioscuros), eran considerados os axudantes dos mariñeiros cando estes se vían atrapados nas tormentas e os rescataban en caso de naufraxio. En canto aos seus atributos,... Leer más →