A romaría da “Santa Negra” de Bueu

A Santa Ifixenia venérase na capela situada no terreo do Pazo de Santa Cruz, construída no ano 1671 polo licenciado Fernando da Rúa e Freyre, sacerdote de Bueu e Comisario do Santo Oficio da Inquisición.

Segundo a lenda, a santa chegou á ermida despois dunha partida ao tresillo entre párrocos. Unha noite, cando un cura amigo do fundador da capela xa non tiña máis nada que apostar, decidiu xogarse os santos que tiña na sancristía. E perdeu. Entre eles atopábase a figura da santa etíope. Axiña a imaxe acaparou a atención e a devoción dos fregueses pola cor negra da súa pel, que a facía destacar entre os demais santos coñecidos.  

Santa Ifixenia. NATI REY

Este ano, no día da súa festa (que se celebra entorno ao equinoccio de outono) atopei cunha señora que, a cambio dunha ofrenda, entregaba unha estampa xunto cuns panos sacralizados tras rozalos coa imaxe. A mesma muller explicoume que Santa Ifixenia era avogosa para todo tipo de doenzas da pel, mais principalmente das queimaduras e verrugas.

Tras misar o cura de Bueu no adro da capela, a procesión sae coa imaxe acompañada da Virxe do Carme. Os devotos marchan en dúas filas portando candeas acesas e circunvalan a ermida en sentido contrario ao das agullas do reloxo co fin de reverter as enfermidades dos “ofrecidos”.

No entorno do pazo é tradición que os colleiteiros sirvan aos romeiros litros de sidra acompañados de castañas asadas. Tamén se adoita desgustar outros produtos típicos das romarías populares galegas, como son as rosquillas, os melindres ou as empanadas. No pasado, as mulleres tamén vendía mel en tarros ou olas.

Así é como se celebra hoxe en día unha romaría dedicada á “Santa Negra” en Galicia.

Cera. NATI REY.
Exvotos. NATI REY.
Mariposas. NATI REY
Portón do Pazo de Santa Cruz. NATI REY
Altar da capela do Pazo de Santa Cruz. NATI REY

Bibliografía:

ESTÉVEZ CASTRO, J M. Reconocer Bueu. Servicio de publicacións excma. Deputación Provincial de Pontevedra, 1996.

Deja un comentario

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar