O MOSTEIRO DE CAAVEIRO, ENTRE O MITO E A LENDA.

Entre as diversas lendas que existen entorno ao mosteiro de Caaveiro, hai unha que explica a súa orixe hai máis de 1000 anos, cando San Rosendo escoitou falar dun río galego de nome Eume, ao que Deus lle outorgara no principio dos tempos unha aciaga ofrenda. A historia deixou ao bispo asombrado e así foi como descubriu o lugar de Caaveiro.

San Rosendo viu como Caaveiro fora tocado polo divino e no mesmo centro Da Fraga decidiu erguer un santuario de oración e devoción a Deus.

Mosteiro de Caaveiro

                “Conta a lenda que cando o creador dera forma á serra do Xistral fixera nacer nela tres fontes xuntas, coma tres irmás, e prometéralles ás tres darlle vida a vida dunha persoa á primeira que chegase antes ao mar. As tres fontes emprenderon así unha marcha a toda présa pola serra abaixo, non sen antes acordar parar a descansar pola noite a metade do camiño. No medio da noite Eume espertou, e con carraxe veu como as dúas fontes incrumpriran o pacto para chegaren antes ao mar. Eume, alporizada botouse monte abaixo arrasando todo aos eu paso e conseguiu chegar primeira. E por iso que, dende aquela, unha persoa morre afogada cada ano nas súas augas.”[1]


[1] Mosteiro de Caaveiro. Guía de man /galego. Deputación da Coruña.

Deja un comentario

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar