Igrexa de Santa María de Herbón

A igrexa de Santa María de Herbón é un dos poucos exemplares da arte románica do municipio de Padrón. Foi construída na segunda metade do século XII por orde do Bispo Xelmírez e destaca pola súa altura, inda que son varios os elementos que a fan única. Está composta por unha soa nave con contrafortes sólidos. Na súa fachada principal, ademais da súa magnitude. apréciase o estilo románico compostelán, xa que a porta principal está formada por dous arcos de medio punto refundidos que, á vez, sostén as arquivoltas peraltadas, columnas con capiteis corintios acobadadas a base de decoración xeométrica, xadrezados, arcos lobulados e bolas de influencia mudéxar.

Refundidos na propia parede da fachada atópanse dous arcos de medio punto, un a cada lado da porta principal e xusto encima dos mesmos pódese ver unha ventá pequena formada por un arco tamén de medio punto. A continuación, apréciase unha espadana de dobre van onde está situado o campanario e presidindo, no punto máis alto, sitúase unha cruz latina de pedra.

Son de importancia as figuras alegóricas que aparecen representadas no alero sur: cabeza de can coa boca aberta (símbolo de ferocidade), carneiro, toro de gran cornamenta, vaca, a figura da Virxe María co neno no colo e outra que sostén un cáliz na man como símbolo da fe.

Foto: Natividad Rey
Foto: Natividad Rey
Foto: Natividad Rey
  • Información compartida do concello de Padrón.

Deja un comentario

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar